Xinzo de Limia impulsa o sector da pataca cun estudo da USC
O Concello de Xinzo de Limia presentará as conclusións dunha investigación pioneira sobre o sector da pataca na comarca da Limia. O estudo, encargado á Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinado polo profesor Francisco Jesús Ferreiro Seoane co apoio dun equipo multidisciplinar da USC e a Universidade da Coruña (UDC), analiza a importancia deste produto na xeración de emprego, riqueza e fixación de poboación, así como as oportunidades de futuro.
Os resultados completos do informe serán desvelados o venres, 27 de marzo, durante a gala dos Premios Semente. Este certame, organizado polo goberno local, busca recoñecer o emprendemento no sector agrícola e o valor da pataca e o cereal da comarca.
Como anticipo, o Concello publicará datos relevantes do estudo nos días previos á gala.
Fonte: www.dendealimia.com
