O Concello de Xinzo activa o control automatizado de accesos na vía de servizo da Avenida de Celanova e reorganiza o tráfico co dobre sentido de circulación

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia reorganiza o tráfico na Avenida de Celanova, que agora funciona en dobre sentido, para facilitar os accesos ao centro durante as obras na N-525 (previstas dende o 1 de xullo). A circulación no sentido de entrada está limitada a vehículos de menos de 3,5 toneladas.

Ademais, o 28 de xuño entrou en funcionamento un sistema de videovixilancia con control automatizado de accesos na vía de servizo da avenida. Este sistema sancionará automaticamente o paso de vehículos non autorizados (residentes, traballadores e clientes de comercios da zona). Residentes e traballadores deben solicitar autorización na Policía Local. Os clientes deben anotar a matrícula nos negocios.

Estas medidas forman parte dun novo plan de mobilidade para reorganizar o tráfico e recuperar espazo para os peóns, incluíndo o proxecto “Xinzo Paso a Paso” coa peonalización do centro histórico.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA