O Concello de Os Blancos no marco de axudas da Xunta entre outros concellos

Dende A Limia

Xunta de Galicia impulsa a calidade de vida en áreas rurais de Ourense

Os Blancos, Ourense. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, xunto co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro, supervisou hoxe o remate das obras de mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio do concello. A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu máis de 28.000 euros nesta actuación.

Pardo destacou que a orde de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público do 2025 destinou máis de 900.000 euros a 28 actuacións en 24 concellos e catro agrupacións da provincia. O obxectivo é mellorar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais, favorecer a fixación de poboación e garantir o equilibrio territorial.

Esta convocatoria, que contou cun orzamento total de 3,5 millóns de euros en Galicia, está dirixida a municipios de menos de 30.000 habitantes, ben individualmente ou agrupados. As actuacións subvencionables inclúen a construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios e instalacións municipais, así como obras en alumeado público, pavimentación de camiños e melloras en prazas, parques, paseos e rúas.

O Goberno galego financia ata o 80% do orzamento das obras, cun límite de 40.000 euros para solicitudes individuais e 50.000 euros para as conxuntas ou de concellos fusionados.

Concellos beneficiados na provincia de Ourense:

  • Agrupación Allariz – Vilar de Santos
  • A Arnoia
  • Beade
  • Beariz
  • Castrelo do Val
  • Entrimo
  • Laza
  • Lobios
  • Agrupación dos concellos de Maside e Maceda
  • Maside (en solicitude individual)
  • Agrupación dos concellos de Montederramo e Maceda
  • Monterrei
  • Muíños
  • Nogueira de Ramuín
  • Oímbra
  • Parada de Sil
  • O Pereiro de Aguiar
  • A Peroxa
  • Porqueira
  • Agrupación dos concellos de Ribadavia e Melón
  • Riós
  • San Cibrao das Viñas
  • San Xoán de Río
  • A Veiga
  • Vilamarín
  • Vilariño de Conso
  • Xunqueira de Ambía

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA