A Xunta de Galicia e o Concello de Lobios intensifican a súa colaboración na prevención, defensa e extinción de incendios forestais no municipio. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, xunto co director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, mantiveron unha reunión de traballo coa alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, en San Caetano.
No encontro, destacouse o avance no convenio para a xestión da biomasa en faixas secundarias. Lobios xa conta cun plan municipal de prevención de incendios aprobado en 2020 e catro parroquias priorizadas neste convenio.
Ademais, avaliáronse os investimentos da Consellería do Medio Rural no concello desde 2020, que superan os 480.000 euros. Estes fondos destináronse a tratamentos preventivos, infraestruturas (pistas, devasas, puntos de vixilancia e auga) e á constitución e operación de brigadas municipais a través de convenios.
Fonte: www.dendealimia.com
