O Concello cancela o concurso de Canción Humorística pero mantén as actuacións dos grupos inscritos para este sábado

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia informa da suspensión do certame do Festival da Canción Humorística debido a que só se inscribiron dúas agrupacións. A pesar da cancelación do concurso, as actuacións dos dous grupos manteranse fóra de competición co obxectivo de valorar o seu traballo e promover a retranca no Entroido.

As interpretacións terán lugar na Praza Maior de Xinzo o vindeiro sábado, 14 de febreiro, deseguido do concerto da Agrupación Musical da Limia, cuxo inicio está previsto para as 17:00 horas. O Goberno local expresou o seu agradecemento pola participación e animou á cidadanía a asistir e gozar das coplas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA