O CEIP de Sandiás faise por 2ª vez consecutiva co Premio do Concurso de Cartaces do Entroido Infantil de Xinzo de Limia

Dende A Limia

O alumnado de sexto de Educación Primaria do Ceip de Sandiás demostrou unha vez máis a súa creatividade no “Concurso de cartaces do Entroido Infantil de Xinzo de Limia”. Ariana, unha alumna deste centro, alzouse co primeiro posto grazas ao seu deseño, que servirá para anunciar o desfile infantil de toda a Comarca da Limia.

Este é o segundo ano consecutivo que o Ceip de Sandiás acada este recoñecemento, subliñando a calidade artística do seu alumnado. O resultado obtido por Ariana foi cualificado como un “pedazo de cartaz” e un premio moi merecido, destacando o talento e a arte dos nenos e nenas da Escola Rural de Sandiás.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA