​O BNG de Trasmiras denuncia que as piscinas municipais seguen pechadas a 8 de xullo por obras na piscina grande.

Dende A Limia

O BNG de Trasmiras denuncia o atraso na apertura das piscinas municipais

O Bloque Nacionalista Galego de Trasmiras manifesta o seu malestar e o da veciñanza polo atraso na apertura das piscinas municipais, que permanecen pechadas e en obras o 8 de xullo.

Segundo o BNG, esta situación, debida a obras no vaso da piscina grande, é consecuencia da falta de previsión e desorganización do goberno municipal, especialmente en comparación con outros concellos limítrofes que xa teñen as súas piscinas abertas dende o 1 de xullo.

O BNG considera as piscinas un servizo básico para a mocidade, infancia e persoas maiores, e critica o abandono institucional dos espazos de lecer no concello.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA