O alcalde de Vilar de Santos e Xosé Merelles analizan as potencialidades da oferta turística do concello e a zona da Limia

Dende A Limia

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse hoxe co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, para tratar proxectos de turismo para o municipio e a comarca da Limia.

Entre as iniciativas presentadas, destaca a proposta do goberno local de crear unha área de aparcamento para autocaravanas no antigo campo de fútbol municipal co obxectivo de fomentar este tipo de turismo.

Tamén se abordaron outros aspectos relevantes para a proxección turística da zona, como o sendeirismo, as rutas de bicicleta de montaña (BTT) e a gastronomía local.

Ademais, puxéronse en valor as propostas de turismo cultural relacionadas co Museo Etnográfico da Limia e as oportunidades que xorden do comercio artesanal da vila.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA