O equipo Senior do A.B.Xinzo logrou unha vitoria histórica ao superar ao Rías Baixas por tan só dous puntos. Este encontro decisivo permitiu aos limiaos acadar a segunda posición na clasificación da primeira fase da tempada, con un balance de 10 vitorias e 4 derrotas.
Grazas a este resultado, o A.B.Xinzo, composto maioritariamente por xogadores da súa canteira, consegue clasificarse por primeira vez na súa historia para a fase polo título e o ascenso á primeira división. Esta fazaña culmina unha tempada na que o equipo non era considerado un favorito para a clasificación, e que ademais lle permite afastarse da sombra do descenso.
Fonte: www.dendealimia.com
