Resumo da Xornada do A.B.Xinzo
Senior: O equipo senior logrou dúas vitorias cruciais. O xoves, venceron ao Estudiantes de Pontevedra na última xornada da primeira fase, asegurando a súa continuidade na loita polo Final Four. O partido máis determinante xogouse o domingo contra o Liceo La Paz da Coruña. Unha vitoria nese encontro era indispensable para evitar a eliminación da Final Four, e finalmente conseguírona, demostrando o seu gran nivel. Tras as vacacións de Semana Santa, disputaranse os seis partidos restantes da tempada, nos que o A.B.Xinzo ten grandes posibilidades de acadar o ascenso.
Junior: Os junior enfrontáronse ao Blanco Amor en Ourense o mércores. A pesar dun bo desenvolvemento do partido, un mal último cuarto decantou a vitoria para o equipo local.
Cadete: Nin o equipo cadete feminino nin o masculino disputaron partidos esta fin de semana debido á ausencia de varios xogadores por unha excursión. Non obstante, os xogadores tiveron un xesto de recordo cara ao presidente do club, Luis Miguel Gil, dende París.
Infantil: As infantís femininas tiveron unha dobre xornada. As do 2012 perderon o xoves na casa contra Blanco Amor e o domingo fronte ao Barco, a pesar de levar a dianteira gran parte do partido, os nervios no final custaronlles a vitoria. As infantís femininas do 2013 caeron ante o Depordima, equipo que lidera a clasificación. Pola súa banda, os infantís masculinos do 2013 tamén perderon contra o Depordima, quen tamén se atopa na primeira posición.
Mini: Os mini masculinos do 2014 tiveron dobre xornada. O xoves caeron ante o Miraflores nun derbi local, aínda que recortaron distancias con respecto a partidos anteriores. O sábado obtiveron unha clara vitoria contra o Depordima, manténdose no Grupo 1 e con boas opcións de ser campións de liga ao final da tempada. As mini femininas do 2014 perderon un axustado partido contra o equipo de Maside por 60-66. Os mini masculinos do 2015 gañaron o domingo en Celanova ao equipo local.
Baby Basket: Os máis pequenos participaron nunha xornada Baby organizada pola Federación Galega de Baloncesto en Allariz o xoves, centrada no disfrute do baloncesto.
Fonte: www.dendealimia.com
