O 16 de xuño comezan as obras de humanización das avenidas de Ourense e Madrid en Xinzo de Limia, a principal travesía da vila. O proxecto, promovido polo Ministerio de Transportes e financiado con fondos europeos, conta cun investimento de máis de 4 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses.
As obras inclúen a renovación do firme, creación de beirarrúas e carrís bici, zonas axardinadas, mellora da accesibilidade e plataformas elevadas para peóns. O alcalde, Amador Díaz, agradeceu o apoio do Goberno de España.
O Concello colaborará para minimizar as molestias durante a execución e agradece a comprensión veciñal ante esta actuación que busca mellorar a calidade urbana e a mobilidade sostible en Xinzo.
Fonte: www.dendealimia.com