Incendio en Oimbra ameaza a Serra do Larouco
Un incendio que comezou hai 4 días no Concello de Oimbra estendeuse ata o monte de Gudín, dificultando a intervención dos medios terrestres. Os medios aéreos traballaron na zona ata a caída da noite.
O cambio de vento provocou que o lume avance cara á Serra do Larouco. Os veciños de Gudín están preparados ante a situación.
O alcalde de Xinzo, Amador Díaz, desprazouse a Gudín e solicitou apoio aos concellos de Baltar e Rairiz de Veiga para facilitar o acceso á zona afectada.
Debido ao risco de contaminación do depósito de auga, Viaqua e o concello recomendan limitar o consumo e uso da auga da rede.
Fonte: www.dendealimia.com