O equipo de Protección Civil de Xinzo retirou onte un niño de velutinas dun pendello nunha horta particular, tras ser alertados por un veciño.
Os membros de Protección Civil, equipados co material adecuado, procederon á retirada do niño sen perigo, xa que as abellas estaban mortas. No interior do niño atopáronse larvas en desenvolvemento.
Fonte: www.dendealimia.com