Multitudinario magosto do PP en Xinzo de Limia

O PP de Xinzo de Limia celebrou un magosto no campo da feira do Toural, ao que asistiron máis de 300 persoas.

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PPdeOU, Luis Menor, acompañaron aos militantes e simpatizantes.

Prado destacou a «capacidade de mobilización» do PP local, mentres que Menor subliñou a preparación do partido para «afrontar calquera proceso electoral».

Cristina Campero, presidenta da xestora local, agradeceu o apoio recibido.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA