Luis Menor destaca ás Copas Deputación como “un dos grandes sinais de identidade do deporte ourensán” e o trofeo provincial máis antigo en Galicia

Dende A Limia

O Centro Cultural Marcos Valcárcel foi o escenario do sorteo da 45ª edición da Copa Deputación de Ourense “Miguel Ángel” para a tempada 2025/2026. Este evento, que se celebra nas instalacións da Deputación, patrocinadora principal, é un dos máis participativos de Galicia e un sinal de identidade do deporte ourensán.

Na presentación, o presidente da Deputación, Luis Menor, destacou o compromiso da institución co deporte base e federado. Tamén estiveron presentes o vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández, e o delegado territorial en Ourense da RFGF, Raúl Rois.

Menor eloxiou o traballo da Federación para facer da Copa Deputación un evento cada vez máis atractivo, cualificándoo como «a gran festa do fútbol provincial». A competición, que xa conta con 44 edicións, é a máis lonxeva de Galicia e a que maior repercusión e seguimento ten na provincia ao longo dos seus 10 meses de duración.

Datos da competición:

  • Fútbol 11 e Fútbol 8: Participarán 78 clubs con 336 equipos en 45 concellos, sumando un total de 7.400 deportistas.
  • Fútbol Sala (Futsal): Involucrará a 45 clubs con 184 equipos en 27 concellos, con 2.335 deportistas.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA