O Palexco da Coruña acolleu o inicio do III Foro Urbano de España. Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, participou como relator nunha mesa sobre axenda urbana e reto demográfico.
Menor destacou a necesidade de «unión entre administracións» para combater o despoboamento rural, presentando a estratexia da Deputación baseada na estrutura nodal da provincia, caracterizada polo seu modelo policéntrico con vilas medianas que exercen influencia comarcal.
Subliñou a importancia dos Plans de Actuación Integrados (PAI) e o PERTE da Auga, proxectos da Deputación que acadaron 14,5 millóns de euros e 13 millóns de euros de financiamento, respectivamente.
Menor defendeu que a Deputación está aproveitando a oportunidade de financiamento dispoñible grazas a unha planificación «seria e realista».
Fonte: www.dendealimia.com
