Sentenza histórica favorable aos veciños das Conchas pola degradación do encoro

Un tribunal europeo ditou sentenza a favor da asociación de veciños das Conchas, ClientEarth e Amigas da Terra, declarando vulnerados os dereitos fundamentais á vida, intimidade, inviolabilidade do domicilio e propiedade, vinculados ao dereito a un medio ambiente saudable, debido á contaminación e malos cheiros no encoro das Conchas e a súa contorna.

A sentenza responsabiliza á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) pola súa inactividade, obrigándoas a adoptar medidas inmediatas para erradicar os olores, restaurar o medio ambiente do encoro e garantir o abastecemento de auga potable segura.

A demanda foi desestimada contra os concellos de Bande, Os Blancos, Trasmiras, Lobeiras e Muiños.

A sentenza é recurrible.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA