A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) de Lobios, no marco da operación LUSKET DOCE, investigou a tres persoas pola súa presunta implicación nun delito contra a fauna. A investigación iniciouse tras localizar no interior dun vehículo o cadáver dun corzo macho (Capreolus Capreolus) e varias armas coa munición do mesmo calibre que as utilizadas no presunto abate.
Os axentes incautaron as armas, a munición e o exemplar abatido. Posteriormente, o día 28 de xaneiro de 2026, e en base aos resultados dunha necropsia practicada á peza polo Servizo Oficial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, tomouse declaración en calidade de investigados a estas tres persoas.
A imputación prodúcese ao non atoparse no período hábil de caza, non poder xustificar a procedencia lícita do animal nin estar integrado en ningunha batida, montería ou rececho.
Fonte: www.dendealimia.com
