Homenaxe á histórica Gasosas Berardo Méndez no Museo da Limia
O Museo da Limia acolleu un acto conmemorativo do 80 aniversario da fundación das Gasosas Berardo Méndez, a emblemática fábrica de Sandiás. Máis de 50 persoas reuníronse para homenaxear esta bebida que marcou a memoria da comarca durante décadas.
Baixo o título «Gasosas da Limia: tributo á bebida de todos/as», celebrouse unha mesa redonda con Xavier Feijóo, Miro M. Cerredelo, Jorge Pulido, Juan Carlos Villar Angeriz e Miguel Martínez Coello. Tamén participou un representante da fábrica de gaseosas Cid.
Os asistentes puideron ver unha exposición de botellas antigas da colección de Celso Gómez. O encontro destacou o papel das gasosas na vida cotiá, especialmente en celebracións. O acto rematou cun viño con gasosa e empanada.
A actividade contou coa colaboración da Taberna da Trocha e o Concello de Vilar de Santos.
Fonte: www.dendealimia.com