Extinguido o incendio forestal do concello de Muiños, Parroquia de Requiás, que afectou o Parque Natual da Baixa Limia-Serra do Xurés

Dende A Limia

O incendio forestal declarado na parroquia de Requiás, no concello de Muíños (Ourense), quedou extinguido hoxe ás 15:26 horas. O lume, que se orixinou ás 07:23 da mañá, afectou unha superficie de 22,8 hectáreas de monte raso, todas elas dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Para a súa extinción foron mobilizados un técnico, oito axentes, cinco brigadas e tres motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra á cidadanía que o teléfono gratuíto 085 está á súa disposición para informar sobre calquera detección de lume forestal.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA