A concelleira de deportes de Xinzo, Cristina Campero, entregou dúas tablets a Ruth e Xoel, os gañadores do sorteo vinculado ás coleccións de cromos dos clubes locais: Club Kárate Xinzo, Asociación Deportiva Limiactiva, A.B. Xinzo e E.D.C. Xinzo. Os dous agraciados completaron os seus álbums e foron seleccionados por sorteo. A iniciativa, impulsada polos clubes e a concellería, buscaba fomentar o sentimento de pertenza e dar visibilidade ao deporte base limián.
Fonte: www.dendealimia.com