Durante os pasados días de Entroido, o alcalde de Xinzo foi interceptado por un grupo de pantallas, quen, seguindo o ritual, o invitaron a unha consumición nun bar ao atopalo sen disfraz.
Unha fotografía captada durante este encontro revela o interese do alcalde en que se distinga claramente a marca de cervexa que estaba a consumir.
Segundo rumores, esta acción podería interpretarse como unha xestión ante a marca de cervexa galega. O obxectivo sería destacarlle que o seu produto é o máis consumido en Xinzo durante o Entroido. A mensaxe implícita sería que, dado que a cervexa utiliza cebada da Limia na súa produción, a empresa podería considerar instalar algunha das súas fábricas no novo polígono industrial da localidade, que actualmente se atopa desocupado.
Fonte: www.dendealimia.com
