​Creando estoxos con mensajes de igualdade, respecto e xustiza cos nenos e meniñas de Sandiás

Dende A Limia

O pasado venres 6 de marzo, celebrouse na Casa da Cultura de Sandiás o obradoiro “Estoxos pola igualdade”. Esta iniciativa, impulsada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, estivo dirixida ao alumnado do CEIP de Sandiás e do Concello, rexistrando unha alta participación.

Durante a sesión, Ana, encargada de dinamizar a actividade, explicou aos escolares o significado do 8 de marzo e a importancia do traballo pola igualdade entre mulleres e homes. Os nenos e nenas mostraron gran interese, formulando preguntas e compartindo reflexións sobre a necesidade de construír unha sociedade máis xusta.

Como parte da actividade, os participantes elaboraron o seu propio “estoxo pola igualdade”, unha ferramenta creativa para expresar as súas ideas e o seu compromiso cos valores de respecto e igualdade.

Desde o CEIP de Sandiás agradeceron ao Concello a oportunidade de participar nestas iniciativas culturais e educativas, subliñando a importancia de achegar propostas de sensibilización social ao alumnado e fomentar a súa participación activa.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA