​Corte de tráfico na Avenida de Portugal este martes por obras de canalización

Dende A Limia

Corte de tráfico na Avenida de Portugal en Xinzo de Limia

O Concello de Xinzo de Limia informa dun corte de tráfico na Avenida de Portugal, na súa intersección coa Avenida de Madrid, que se producirá o vindeiro martes, 20 de xaneiro. O peche á circulación estará vixente entre as 8:30 e as 15:00 horas.

O motivo deste corte é a execución de labores de canalización por parte da empresa Viaqua. A Policía Local establecerá desvíos para facilitar a circulación durante o tempo que dure a intervención.

Desvíos establecidos:

  • Vehículos procedentes de Madrid: Non poderán xirar á esquerda cara á Avda. de Portugal, debendo continuar de fronte pola Avenida de Madrid cara ao centro.
  • Vehículos que saian pola Avda. de Portugal: Os lixeiros serán desviados pola rúa Rosalía de Castro e os pesados pola pista de Armada.
  • Vehículos pesados con dirección Madrid (vía Ourense): Serán desviados pola rúa Zepetal á altura do Gadis.

O Concello de Xinzo de Limia agradece a colaboración da veciñanza e lamenta as molestias que poidan xurdir por este corte puntual.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA