Comeza o campamento de inglés «Concilia de Nadal» para facilitar a vida laboral e familiar en Xinzo

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia deu inicio esta mañá ao programa de conciliación «Concilia de Nadal». Este campamento urbano está deseñado para a aprendizaxe de inglés mediante xogos e actividades lúdicas, e ten lugar na Casa da Cultura.

A iniciativa, promovida pola Concellería de Servizos Sociais, busca proporcionar ás familias unha opción para equilibrar as súas responsabilidades laborais co coidado dos seus fillos durante as vacacións escolares.

As actividades realízanse en horario de 09:00 a 14:00 horas nos días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de decembro, facilitando que os nenos aprendan e se entreteñan mentres os seus pais desenvolven as súas xornadas de traballo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA