Sandiás presenta o campamento «Concilia 2025» para o verán
O Concello de Sandiás organiza unha nova edición do campamento «Concilia 2025» dende o 23 de Xuño ata o 5 de Setembro, de 9:00 a 14:00, no Polideportivo Campo S. Nicolás e no Ceip de Sandiás. O horario de acollida é de 8:00 e o de recollida ata as 14:30.
O campamento ofrece actividades de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude, co obxectivo de favorecer a conciliación familiar, unha vida saudable e un lecer activo. Inclúe xogos, obradoiros, excursións, contacontos e actividades relacionadas coa música tradicional, entre outras.
Atelier Social xestiona o campamento, proporcionando persoal cualificado, materiais didácticos e equipamento.
Fonte: www.dendealimia.com