«CoblAges» volve a Lodoselo para conectar xeracións e futuro

Dende A Limia

O CDR O Viso acolle unha sesión de campo do proxecto europeo COBLAGES

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, na aldea de Lodoselo, será sede dunha sesión de campo do proxecto COBLAGES o martes 10 de xuño. Esta iniciativa europea promove a cooperación interxeracional para preparar ás novas xeracións para un mundo envellecido.

Representantes de diferentes países europeos reuniranse para coñecer experiencias que integran a sabedoría das persoas maiores coas necesidades educativas da mocidade. Presentarase unha metodoloxía de aprendizaxe comunitaria inspirada en prácticas do CDR O Viso como o Pobo Escola e a Vivenda Comunitaria.

O proxecto COBLAGES busca estudantes mellor preparados, valorando a experiencia e a comunidade. A xornada incluirá diálogo, observación e intercambio de boas prácticas.

Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro do programa Capacidade Inclusiva.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA