Palestra informativa en Xinzo sobre a contaminación da bacía do Limia
Auga Limpa Xa e o MEL organizan unha palestra informativa en Xinzo para explicar o alcance da sentenza do TSXG que sinala a inacción da Xunta e da Confederación Hidrográfica diante da contaminación da bacía do Limia. A palestra contará coa participación de demandantes e científicos.
Abordaranse as demandas de solucións, como unha moratoria para a gandaría industrial, a mellora na xestión de residuos e un estudo sobre a incidencia da contaminación na saúde humana.
Participantes:
- Pablo Álvarez (veciñas das Conchas, Lobeira)
- Eduardo Costas (Universidad Complutense de Madrid)
- Serafín González (Sociedade Galega de Historia Natural)
- Manuel García (Movemento Ecoloxista da Limia)
Organizan: Augas Limpas Xa! e Movemento Ecoloxista da Limia.
Data e hora: Sábado, 19 de xullo, ás 20 horas.
Lugar: Casa da Cultura de Xinzo.
Recolleranse sinaturas de apoio ao cumprimento da sentenza do TSXG e polas medidas que reclama a veciñanza.
Fonte: www.dendealimia.com