Incorporación e conferencia sobre a represión franquista no Val da Limia
O sábado 10 de xaneiro, o Museo Etnográfico da Limia acolleu o acto «A presenza da memoria». Neste evento, as obras do ensaísta e historiador Carlos Morais foron incorporadas ao fondo documental da Biblioteca do museo.
Carlos Morais, tamén presidente do Comité pola Memoria Histórica do Val da Limia, impartiu a conferencia «A represión franquista e a resistencia organizada no Val da Limia». Na súa intervención, analizou en profundidade os períodos máis complexos da represión franquista na comarca, narrando 51 episodios documentados de asasinatos e torturas.
O acto foi presentado por Xosé Manuel Pérez Bouza, membro do Consello Asesor do Museo da Limia.
Fonte: www.dendealimia.com
