Apostamos por unha mocidade limiá motivada e crítica

Dende A Limia

Complemento á Formación Xuvenil na Limia

A área educativa da Limia está a desenvolver un programa centrado no fortalecemento das capacidades persoais da mocidade, complementando a formación académica ordinaria. As actividades abordan aspectos clave como o adestramento na toma de decisións, o fortalecemento da confianza individual e de grupo, e a exploración de novas masculinidades.

O programa desenvólvese en paralelo cos dous cursos de 4º da ESO e cos dous niveis de Formación Profesional Básica, adaptando os contidos e dinámicas a cada grupo. Nos cursos de 4º da ESO, inclúense recomendacións de orientación formativa cara ao bacharelato ou a formación profesional. Na FP Básica, o foco céntrase en aspectos relacionados co ámbito laboral.

Esta iniciativa, coordinada polo Departamento de Orientación, inclúe tamén atención individualizada para adolescentes que precisen apoio en exploración vocacional, asesoramento psicolóxico ou información sobre oportunidades.

A realización desta actividade é posible grazas á Consellería de Política Social e Igualdade, dentro dunha orde de subvencións para actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA