Xinzo de Limia estreita lazos culturais con Tungurahua (Ecuador)
Unha delegación de artesáns de Tungurahua, encabezada por GusArte, visitou Xinzo de Limia e formalizou a doazón dunha máscara tradicional do Diablo de Píllaro ao Museo Galego do Entroido (MUGAE).
O alcalde Amador Díaz e o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, recibiron á delegación, destacando a importancia de conectar o Entroido de Xinzo coa Diablada ecuatoriana, dúas tradicións festivas con raíces comunitarias comúns.
A delegación ecuatoriana coñeceu a artesanía da Pantalla no obradoiro Arte Arrebol e visitou a Escola Municipal de Gaitas e Percusión.
Esta visita é a continuación da viaxe institucional do alcalde a Tungurahua en 2024 e senta as bases para futuras colaboracións en proxectos divulgativos, obradoiros, intercambios de pezas e iniciativas educativas.
Fonte: www.dendealimia.com
