O CDR O Viso leva ilusión a persoas soas no Nadal de 2025
O CDR O Viso organiza unha iniciativa para achegar regalos a 25 persoas que viven soas, principalmente usuarios do programa XANTAR NO FOGAR.
Ábrese o prazo para que 25 persoas solidarias se unan, enviando unha carta manuscrita e un regalo simbólico.
O Centro de Día de Xinzo colabora creando detalles decorativos para acompañar os agasallos.
A actividade forma parte do programa Vou Contigo, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Fonte: www.dendealimia.com
