Alex Traveso, xogador cadete do Club de Baloncesto Obradoiro e da Selección Galega Cadete Masculina, foi recoñecido como Mellor Deportista Promesa Masculino na Gala do Deporte de 2025.
Traveso, que se formou no club A.B.Xinzo ata que foi becado polo Obradoiro hai dous anos, compaxina a súa formación deportiva co estudo no colexio Peleteiro. O seu percorrido na selección galega remóntase ao ano 2022, onde xa foi parte do equipo na categoría mini, continuando en infantil nos anos 2023 e 2024, e actualmente na cadete.
Os vindeiros días, Alex Traveso disputará o Campionato de España coa Selección Galega Cadete Masculina na cidade de Zaragoza.
Fonte: www.dendealimia.com
