Atropelo mortal en Sandiás
Un home de 43 anos veciño de Ourense faleceu este xoves tras ser atropelado por un turismo na N-525, ao seu paso polo Concello de Sandiás. O suceso tivo lugar ao redor das 19:35 horas no quilómetro 202.6 da citada estrada.
Segundo as informacións, o peón non facía uso de roupa reflectora. Antes do atropelo, o Centro Operativo de Tráfico recibira chamadas alertando da presenza dunha persoa camiñando pola estrada, que tentaba parar vehículos e invadía o carril.
O condutor do vehículo, un Volkswagen Golf, deu negativo nas probas de alcol e drogas. A vía permanece cortada ao tráfico na espera da chegada do equipo de atestados. Ao lugar desprazáronse unha patrulla da Garda Civil e efectivos do 061.
Fonte: www.dendealimia.com
