Axudasle 2025: Un verán para mellorar o teu idioma
A Xunta de Galicia convoca unha nova edición do programa Axudasle para o verán de 2025. Este programa ofrece a estudantes de bacharelato a oportunidade de mellorar o seu nivel de inglés, francés, portugués ou alemán nunha estancia de tres semanas nun país onde se fale a lingua escollida.
Ofértanse 647 prazas en toda Galicia. A asignación das mesmas baséase na nota media do curso pasado e na renda familiar, o que inflúe na achega económica que deberá realizar o estudante.
Para optar a unha das axudas, é necesario ter unha nota mínima de 6 na lingua estranxeira correspondente. A estancia, en réxime de residencia ou con familia, inclúe todas as actividades e está a cargo dunha empresa especializada.
O programa inclúe clases de lingua enfocadas na fluidez oral, actividades culturais e deportivas, excursións pola vila de residencia e viaxes a cidades importantes do país. Ao finalizar a estancia, os participantes recibirán un título acreditativo.
A miña experiencia con Axudasle foi incrible. Tres semanas inmerso nunha nova cultura, facendo amigos e mellorando o meu idioma, cunha experiencia inolvidable grazas a este programa. Recoméndoo encarecidamente.
Se estás en bacharelato e queres vivir unha experiencia similar, non o dubides! Solicita a túa axuda a través deste enlace:
https://www.edu.xunta.gal/axudasle/
Daniel Rivero Meno
Fonte: www.dendealimia.com