A Xunta de Galicia licitou as obras de humanización da praza da Igrexa en Rairiz de Veiga (Ourense) por 118.700€.
A actuación, financiada a través do Plan Hurbe, inclúe a renovación, soterramento de servizos e pavimentación da praza no entorno da igrexa parroquial de San Xoán.
A Xunta asumirá o 70% do investimento e o Concello o 30% restante.
As empresas poden presentar ofertas ata o 9 de xullo. O prazo de execución é de 3 meses.
Fonte: www.dendealimia.com