A Xunta licita por preto de 557.000 € as obras de mellora de espazos públicos en Muiños

Dende A Limia

A Xunta licita obras de mellora en Muíños por 557.000€

A Xunta de Galicia licitou por preto de 557.000€ obras de mellora de espazos públicos no concello de Muíños. O prazo para presentar ofertas remata o 2 de outubro e a execución dos traballos será de 6 meses.

A actuación enmárcase nun convenio de colaboración entre a Xunta (que financia o 70%) e o Concello de Muíños (que aporta o 30%). O obxectivo é mellorar o lugar de Muíños, na contorna do patrimonio cultural e natural (Reserva da Biosfera Xurés-Gerés), actuando en zonas de encontro e esparexemento.

As obras, que se desenvolven ao abeiro do Plan Hurbe, abordarán a mellora da pavimentación na parte antiga do núcleo para uso peonil e tráfico lixeiro, buscando a uniformidade do conxunto.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA