A Xunta inviste preto de 68.000 € nun ascensor no CEIP CARLOS CASARES, de Xinzo

Dende A Limia

Instalación de ascensor no CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou as obras de instalación dun ascensor no CEIP Carlos Casares en Xinzo de Limia. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades investiu preto de 68.000 euros no proxecto.

Esta actuación ten como obxectivo mellorar a accesibilidade do centro educativo. O ascensor, con capacidade para oito persoas, conectará coa planta primeira onde se atopan as aulas.

A iniciativa enmárcase no Plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta, que inclúe numerosas actuacións para mellorar as instalacións educativas en toda Galicia.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA