Xinzo de Limia celebra esta Noiteboa a tradicional Agrocabalgata como parte da súa programación de Nadal. Tras a chegada do Pai Noel, unha comitiva de tractores decorados e iluminados percorrerá as rúas principais da localidade co obxectivo de manter a ilusión nesta data especial.
O percorrido comezará ás 18:00 horas dende o antigo matadoiro, na Avenida de Madrid. A comitiva seguirá o seguinte itinerario:
- Avenida de Madrid
- Praza Maior
- Curros Enríquez
- Rúa Cruceiro
- Marcelo Macías
- Rotonda do Pombal (onde realizarán unha volta)
- Praza Maior
- Dous de Maio
- Rúa Ladeira
- Rosalía de Castro
O remate da Agrocabalgata terá lugar no aparcadoiro de Curros Enríquez, dende onde os vehículos se dirixirán cara á rúa Rosalía de Castro.
Fonte: www.dendealimia.com
