A residencia de Trasmiras incorpora 747.500 euros a través de cofinanciamento privado xunto coa financiación da Deputación

Dende A Limia

Grupo de traballo para a delegación da Deputación en Valdeorras

O Pleno da Deputación de Ourense acordou a constitución dun grupo de traballo, con participación de todos os grupos políticos, para definir a sede definitiva da delegación provincial na comarca de Valdeorras. Este grupo estudará a localización, características e servizos da futura sede. Tamén se analizará a rehabilitación do edificio mercado na Rúa, adquirido pola Deputación en 2022 para albergar instalacións provinciais. Dende setembro de 2023, a Deputación xa conta cunha sede provisional en Viloira, froito dun convenio coa Xunta de Galicia.

Ampliación do prazo de xustificación de residencias de maiores

Aprobouse a ampliación do prazo de xustificación das sete residencias de maiores que se están construíndo en varios concellos ourensáns (A Teixeira, Laza, Os Blancos, Piñor, Trasmiras, Xunqueira de Ambía e A Gudiña). Estes proxectos, cofinanciados pola Deputación cun investimento de 1,5 millóns de euros entre 2024 e 2025, forman parte do Plan de Investimentos para Equipamentos Sociais da Xunta de Galicia. O novo límite para a xustificación das obras sitúase no 30 de xuño de 2026. O Plan da Xunta conta cun orzamento de 14 millóns de euros e a colaboración da Deputación, que achega 2,3 millóns, co obxectivo de crear 375 prazas en 16 concellos.

Adhesión á administración dixital da Xunta e FEGAMP

A Deputación de Ourense tamén aprobou a súa adhesión a un convenio entre a Xunta de Galicia e a FEGAMP para compartir plataformas, infraestruturas e servizos dixitais. O obxectivo é mellorar a administración dixital, achegar os servizos á cidadanía e optimizar a prestación dos servizos públicos. As entidades locais terán acceso a infraestruturas tecnolóxicas e a un catálogo de servizos dixitais da Xunta.

Programa de xestión do ciclo da auga e mellora de infraestruturas municipais

O Pleno ratificou o programa para 2026 de colaboración coas entidades locais na xestión do ciclo da auga. Este programa inclúe modificacións nos prezos do servizo e novas liñas de dixitalización, como a instalación de contadores dixitais con telelectura e a dixitalización de estacións potabilizadoras e de depuración, derivadas do proxecto Ou-Intelixente.

Ademais, aprobáronse as bases do Programa Especial de Cooperación ás obras promovidas polo Concello de Ourense para o período 2025-2026, cunha achega provincial de 139.500 €.

Moción para mellorar o servizo de Correos na provincia

A Deputación de Ourense aprobou unha moción que solicita ao Goberno de España a mellora do servizo de Correos na provincia. A moción insta a cancelar o peche de oficinas e a supresión de días de reparto que afectan especialmente ao rural, así como a repoñer postos de traballo vacantes. Tamén se pide garantir que Correos permanezca no sistema público e convocar a cobertura de prazas a xornada completa.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA