I Certame Fomenta o Emprendemento Verde e a Participación Cidadá
O I Certame ten como obxectivo fomentar o emprendemento verde dende a educación e a implicación da mocidade, comunidades escolares e cidadanía nos retos socioambientais. Busca fortalecer a cultura ecolóxica e a participación ante os desafíos ambientais actuais, promovendo a innovación, a creatividade e o compromiso cidadán con propostas educativas concretas para o desenvolvemento sostible e hábitos saudables.
Ademais, serve como ferramenta educativa para analizar a relación entre medio ambiente e saúde humana, buscando solucións ás problemáticas ambientais e recoñecendo boas prácticas. O proxecto está desenvolvido por «Saúde Ambiental na Escola – Por unha vida máis saudable», un programa da Fundación Vivo Sano.
A Fundación Vivo Sano é unha entidade privada, sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo principal é crear unha sociedade máis saudable cun bo estado de saúde física e mental, relacións construtivas e un contorno axeitado.
O proxecto presentado polo CDR O Viso é un Banco de Sementes, unha iniciativa educativa comunitaria para conservar a biodiversidade, promover a soberanía alimentaria e fomentar a cooperación entre centros educativos que visitarán o Pobo Escola na primavera. Cada centro achegará sementes da súa zona para intercambiarlas por outras.
Fonte: www.dendealimia.com
