​A Policía Local reforza o servizo e recomenda vías alternativas ante a alta densidade de tráfico

Dende A Limia

A Concelleira de Mobilidade e a Policía Local de Xinzo de Limia implementaron un dispositivo de reforzo para xestionar a alta densidade de tráfico na vila. Este aumento de tráfico, agravado pola presenza de vehículos pesados, está a causar retencións en puntos clave como a glorieta de acceso á A-52.

Na glorieta, a policía mantén unha presenza case permanente para habilitar a circulación en sentido contrario e previr bloqueos, chegando a retirar sinalización vertical provisionalmente para facilitar o paso destes transportes.

Para aliviar a conxestión na N-525 e mellorar a fluidez, recoméndase á cidadanía o uso de rutas alternativas para desprazamentos internos:

  • Avenida de Portugal, Pista da Armada e Pista do Cepetal.
  • Rúa San Sebastián, Curros Enríquez e Pista da Devesa.

Este operativo de tráfico súmase ao traballo habitual dos axentes, quen dende o inicio do temporal teñen un incremento de intervencións relacionadas coa meteoroloxía, como inundacións, desprendementos e incendios urbanos.

O Concello agradece a comprensión e colaboración da veciñanza.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA