​A Limia vístese de gala para recoñecer o talento do seu sector primario nos Premios Semente

Dende A Limia

Xinzo de Limia celebra os Premios Semente e a importancia da pataca

O Concello de Xinzo de Limia organiza a gran gala de entrega dos Premios Semente, un evento que busca recoñecer o traballo e a forza do sector primario na comarca. A cerimonia terá lugar este venres, 27 de marzo, ás 18:00 horas na Casa da Brea, parroquia de Piñeira Seca.

Os Premios Semente, impulsados polo goberno local, outorgarán galardóns en 10+1 categorías para destacar o labor de profesionais e entidades cuxo esforzo, traxectoria e innovación contribúen a un medio rural vivo e de futuro.

Presentación de estudo sobre o impacto económico da pataca

Ademais da entrega de premios, a xornada terá un forte carácter estratéxico e económico coa presentación oficial das conclusións dun estudo elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Esta investigación, encargada polo Concello, analiza en detalle a importancia da pataca na economía da Limia, aportando datos obxectivos sobre facturación, emprego e rendibilidade dun sector clave para a comarca.

O Concello convida á veciñanza, profesionais do sector e representantes institucionais a participar nesta celebración, subliñando que é unha xornada para sentir orgullo da terra, do agro e da capacidade de traballo conxunto.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA