Posposta a 4ª edición da Feira das Mozas en Xinzo de Limia
A Asociación Cultural A Pantalla, en acordo co Concello de Xinzo, decidiu pospor a 4ª edición da Feira das Mozas, prevista inicialmente para o 10 de maio, debido á previsible treboada que se espera durante a fin de semana.
A nova data de celebración, que se situará entre maio e xuño, anunciarase proximamente, buscando manter a mesma programación de grupos e actividades.
A asociación pide paciencia aos veciños e participantes e agradece a colaboración do Concello e outras institucións.
Fonte: www.dendealimia.com