A Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto promoven un torneo 3×3 gratuíto para todas as idades.
A iniciativa, enmarcada no programa de Fomento Deportivo 2025 da Deputación, busca facilitar a práctica deportiva de xeito lúdico e accesible no rural.
O torneo contará con 7 categorías (prebenxamín a sénior) e equipos masculinos, femininos ou mixtos de catro membros.
Celebraranse cinco xornadas comarcais (Viana do Bolo, Xinzo da Limia, O Carballiño, Allariz e O Barco) entre o 12 de agosto e o 4 de setembro. Os equipos clasificados participarán na xornada final no Pazo dos Deportes Paco Paz.
As inscricións están abertas na web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com) ata completar as prazas.
Fonte: www.dendealimia.com