A Deputación presenta o proxecto “Gerês-Xurés Máis Sustentável”, co obxectivo de potenciar o papel da cultura e do turismo sostible

Dende A Limia

Presentado o proxecto «Gerês-Xurés Máis Sustentable» en Ourense

O proxecto «Gerês-Xurés Máis Sustentable», co obxectivo de potenciar o turismo sostible e a cultura como motores de desenvolvemento económico e innovación social na fronteira galego-portuguesa, foi presentado no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

O proxecto busca reforzar a cooperación transfronteiriza e crear unha visión compartida de desenvolvemento sostible, abordando o reto demográfico e protexendo o patrimonio de ambos países.

Participan entidades e administracións públicas galegas e portuguesas, coa Deputación de Ourense como socio, e está cofinanciado polo programa Interreg VI España-Portugal 2021-2027 (POCTEP) cun orzamento total de 1.017.217,03€.

Entre as actividades, a Deputación xa puxo en marcha a apertura das Portas do Xurés e actividades de dinamización, así como traballos de recuperación do patrimonio cultural inmaterial do entroido. Ademais, celebrouse a xornada «Arqueoxurés» para dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA