​A Deputación, patrocinadora do filme “As Augas”, ópera prima da actriz e directora ourensá Ledicia Sola

Dende A Limia

A Deputación de Ourense patrocina «As Augas», a opera prima da actriz e directora ourensá Ledicia Sola, que comeza a rodarse en Muíños. O presidente provincial, Luis Menor, destacou que este proxecto «netamente ourensá» forma parte da aposta pola cultura e identidade da provincia, que contribúe ao seu desenvolvemento social, económico e turístico.

Menor sinalou que a Deputación debe estar á altura do talento cultural de Ourense, poñendo en valor a creatividade local e consolidando a provincia como referente cultural. O filme, que se rodará en Muíños, Verín e Ourense, está protagonizado por Ledicia Sola, Melania Cruz, Marta Larralde, Lidia Veiga e Toni Salgado.

A rodaxe íntegra en Ourense, con temática e equipo técnico locais, foi cualificada por Menor como unha «mestura perfecta» que emana «ourensanía» e amosa o talento e as xentes da terra como «mellores embaixadores».

Na presentación participaron o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o director de Agadic, Jacobo Sutil; a directora do filme, Ledicia Sola; os produtores Alfonso Zarauza e Dani Froiz; Montse Besada (TVG), e representantes de entidades colaboradoras.

«As Augas» está financiado pola Deputación de Ourense, Agadic e a CSAG (TVG), coproducido por Maruxiña Film Company e Matriuska Films, e conta co patrocinio de Estrella de Galicia/Aguas Cabreiroá e Gargalo.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA