A Deputación de Ourense organiza o «Concerto 8M» o vindeiro 6 de marzo, ás 19.30 horas, no Teatro Principal.
O concerto ten como obxectivo poñer en valor o traballo das entidades sociais da provincia a prol da igualdade, no marco das actividades polo Día Internacional da Muller.
A Xove Orquestra Ourensanía, dirixida por María Mendoza, será a encargada de interpretar pezas de música de cine. Estas pezas servirán para ilustrar o empoderamento feminino e conectalo coas realidades que as ONG da provincia atenden a diario.
O evento busca render homenaxe ao labor das dirixentes, traballadoras e voluntarias do terceiro sector que traballan pola igualdade de mulleres en risco ou en exclusión social. Tamén se busca visibilizar a dobre discriminación que sofren estas mulleres, que une o xénero coa pertenza a un colectivo vulnerable.
O concerto resaltará a valentía destas mulleres e o apoio, terapias e acompañamento emocional que reciben das entidades sociais.
Fonte: www.dendealimia.com
