O Inorde lanza axudas para agroturismo en Ourense
A Deputación de Ourense, a través do Inorde, convoca subvencións para explotacións agrícolas e gandeiras profesionais, así como microempresas agroalimentarias, co fin de financiar investimentos en infraestruturas e equipamentos para a posta en marcha de experiencias turísticas nas súas instalacións durante o ano 2025.
As axudas, cunha dotación de 50.000 euros, poderán acadar ata o 80% do custo total do proxecto, cun máximo de 5.000 euros por proxecto (mínimo 3.000€). O prazo de solicitude será dun mes tras a publicación no BOP.
O obxectivo é adecuar as instalacións á recepción de visitantes e á mellora para a realización de experiencias agroturísticas, contemplando actuacións como a dotación de vestiarios, aseos, sinalización, accesibilidade e áreas de recepción.
Priorizaranse proxectos en concellos de menos de 2.000 habitantes e aqueles con certificados de calidade turística.
Fonte: www.dendealimia.com