Curso sobre a produción de pataca baixo IXP en Porqueira
O martes 26 de agosto, a Casa do Concello de Porqueira acolle un curso informativo sobre a produción de pataca baixo Indicación Xeográfica Protexida (IXP). A actividade, enmarcada no proxecto «Ruralmente» do GDR Limia-Arnoia, busca o intercambio de coñecementos e a innovación.
Luis Saa Arias e José Antonio Chao, da IXP Pataca de Galicia, falarán sobre a certificación, control e comercialización da pataca IXP. Laura Meno Fariñas exporá avances científicos na xestión sostible de enfermidades e Servando Álvarez Pousa tratará a fertilización da pataca.
Ademais haberá unha mesa redonda con produtores de pataca IXP de Galicia, unha degustación no Bar O Muíño de Ganade, e unha visita á explotación de Julio Montero en Porqueira.
O curso é gratuíto e coordinado polo GDR Limia-Arnoia. Os interesados poden inscribirse enviando un correo a [email protected].
Fonte: www.dendealimia.com